• aquí-texto
  • aquí-texto
  • aquí-texto
  • aquí-texto

segunda-feira, 19 de julho de 2010

Acampamento da mocidade 2010

A Saínza, Rairíz de Veiga 20, 21 e 22 de agosto

Carballa da Rocha
Jovens e associaçons de todo o pais, juntamo-nos, de maneira auto-organizada
para fazer-vos chegar esta proposta. Mocidade de Ginço e de Crunha, de Lugo e de Cangas e dumha duzia de lugares mais decatamo-nos de que a mocidade rebelde galega precisa um lugar de encontro nacional, onde a pluralidade tanto temática, como de ideias, de gostos ou desportos, permita a participaçom, evitando desconfianças absurdas, dumha grande quantidade de mocidade, da mocidade que está chamada a erguer nas próximas decadas um projecto de luita e liberaçom importantisimo para o pais. Assim, decidimos avançar neste relacionamento inevitável com umha proposta práctica, o “Acampamento da mocidade 2010”.

Neste acampamento atoparas moças e moços de todo o pais com ganhas de divertir-se, de conhecer-se, de formar-se em valores anti-capitalistas e com inquietudes muito semelhantes as tuas. Nela poderas participar em debates, obradoiros, jogos, concertos... Além de entrar em contacto cumha fermosa terra e a mocidade limia que este ano faram de anfitrions no marco inigualável do Festival da mocidade.

Em definitiva, o 1º “Acampamento da mocidade” vai ser um lugar de encontro, de diverssom e de formaçom em valores. Esperamos fagades dela um sucesso para que se repita durante muitos anos.

Acampamento da mocidade 2010

A Saínza, Rairíz de Veiga 20, 21 e 22 de agosto

Carballa da Rocha
Mozos e mozas e asociacións de todo o país, xuntámonos, de maneira autoorganizada para facervos chegar esta proposta. Mocidade de Xinzo e da Coruña, de Lugo e de Cangas e dunha ducia de lugares máis decatámonos de que a mocidade rebelde galega precisa un lugar de encontro nacional, onde a pluralidade tanto temática, como de ideas, de gostos ou deportes, permita a participación, evitando desconfianzas absurdas, dunha grande cantidade de mocidade, da mocidade que está chamada a erguer nas próximas decadas un proxecto de loita e liberación importantísimo para o país. Así, decidimos avanzar neste relacionamento inevitable cunha proposta práctica, o “Acampamento da mocidade 2010”.

Neste acampamento atoparás mozas e mozos de todo o país con ganas de divertirse, de coñecerse, de formarse en valores anticapitalistas e con inquietudes moi semellantes ás túas. Nel poderás participar en debates, obradoiros, xogos, concertos... Além de entrar en contacto cunha fermosa terra e a mocidade limiá que este ano farán de anfitrións no marco inigualable do Festival da mocidade.

En definitiva, o 1º “Acampamento da mocidade” vai ser un lugar de encontro, de diversion e de formación en valores. Esperamos fagades dela un suceso para que se repita durante moitos anos.

Como chegar


Como sabedes este primeiro ano o acampamento decorrerá na Saínza (Raíriz de Veiga) aproveitando o 5º Festival da Mocidade organizado por Aguilhoar. A zona conta com umha boa comunicaçom por autoestrada até Ginzo e uma vez lá só restam 10 km até Rairíz (nom suponhem nenuhm problema pois hai boa sinalizaçom).


Ver Como chegar en un mapa más grande

Como chegar


Como sabedes este primeiro ano o acampamento decorrerá na Saínza (Raíriz de Veiga) aproveitando o 5º Festival da Mocidade organizado por Aguilhoar. A zona conta cunha boa comunicación por autoestrada ata Xinzo e unha vez alí só distan 10 km ata Rairíz (non supoñen ningún problema pois hai boa sinalización).


Ver Como chegar en un mapa más grande

Recomendacións


O bono-xantar:

Podes traer a tua propia comida ou ben reservar o bono-xantar do acampamento por 12ouros antes do día 17 ou por 20ouros no proprio lugar. Inclue a cea do venres, almorzo e xantar do sábado e Aalmorzo e xantar do domingo (a cea do sábado custa 5ouros, é parte das actividades do “Festival da mocidade”). Para facer a reserva do bono-xantar envía un e-mail a acampamentodamocidade@gmail.com co teu nome e apelidos, e-mail e teléfono de contacto e en pouco tempo terás a resposta de confirmación.

No esquezas:

Tenda de campismo*

Saco-cama

Roupa e calzado cómodo

Cubertos, prato e taza

Protección solar

Bañador e toalla

Xabón

Tamén podes traer:

Esteira

Lanterna

Instrumentos musicais

Bola, bilhardas e paláns, baralla,...

*Se vindes en grupo, deberedes coordinarvos para compartir tenda. Se tes calquer problema para facerte cunha tenda, indícao no mail acampamentodamocidade@gmail.com

Recomendaçons


O bono-comida:

Podes traer a tua propria comida ou bem reservar o bono-comida do acampamento por 12ouros antes do dia 17 ou por 20ouros no proprio lugar e inclue a cea da Sexta-feira, Almorço e comida do Sábado e Almorço e comida do Domingo (a ceia do Sábado custa 5ouros, é parte das actividades do “Festival da mocidade”). Para fazer a reserva do bono-comida envia um e-mail a acampamentodamocidade@gmail.com com o teu nome e apelidos, e-mail e telefone de contacto e em pouco tempo terás a resposta de confirmaçom

Nom esquenzas:

Tenda de campismo*

Saco-cama

Roupa e calçado cómodo

Talher, prato e taça

Protecçom solar

Banhador e toalha

Sabom

Também podes traer:

Esteira

Lanterna

Instrumentos musicais

Bola, bilhardas e paláns, baralha,...

*Se vindes em grupo, deveredes coordenar-vos para partilhar tenda. Se tes qualquer problema para fazer-te com umha tenda, indica-o no mail acampamentodamocidade@gmail.com

As actividades

Pica sobre a imaxe para ampliala
Venres:
  • 14h Comezo oficial de chegada.
  • 18h Primeira mesa: Principais problemáticas da mocidade galega de hoxe.
  • 20h Merenda-cea.
  • 21h Segunda mesa: Propostas e estatexias a abordar dende a mocidade.
  • Xogos e/ou foliada.

Sábado:
  • Almorzo e asemblea.
  • 11h Roteiro pola zona cun integrante do movemento ecoloxista local.
  • Xantar e tempo libre (aberto de billarda, fútbol...)
  • 17h Diferentes actividades con temática feminista: Palestra, exposicións, encontro de colectivos, teatro, etc que contará coa presenza do colectivo de mulleres AS LERCHAS
  • 21h Cea popular: Churrasco asado (prezo 5 euros)
  • Foliada, conta-contos

Domingo:
  • Almorzo
  • Mural participativo
  • Xantar e asemblea de feche.

As actividades

Pica na imaxen para ampliala
Sexta-feira:
  • 14h Comezo oficial de chegada. (Comida comunitaria, cada quem pode traer algumha pequena cousa para compartir).
  • 18h Primeira mesa: Principais problemáticas da mocidade galega de hoje.
  • 20h Merenda-cea.
  • 21h Segunda mesa: Propostas e estratégias a abordar desde a mocidade
  • Jogos e/ou foliada.

Sábado:
  • Almorço e assembleia.
  • 11h Roteiro pola zona com um integrante do movemento ecologista local.
  • Comida e tempo livre (aberto de bilharda, futebol...)
  • 17h Diferentes actividades com temática feminista: Palestra, exposiçons, encontro de colectivos, teatro, etc que contará coa presença do colectivo de mulheres AS LERCHAS
  • 21h Ceia popular: Churrasco assado (preço 5 euros)
  • Foliada, conta-contos

Domingo:
  • Almorço
  • Mural participativo
  • Jantar e assembleia de feche.

Contorna e instalaçons

A Saínza, Rairíz de Veiga

A "Carvalha da Rocha", declarada Monumento Natural, atópa-se entre os núcleos de Saínza de Arriba e Saínza de Abaixo em Rairíz de Veiga (Comarca da Límia). Tráta-se dumha área na bacía do Río Limia constituída por seis parcelas que sumam entorno ás 64 ha. no mesmo lugar onde se atopava a desecada Lagoa de Antela, um dos humidais mais importantes da Península até a súa desecaçom nos anos 60. O lugar está declarado Reserva da Bioesfera e ácha-se a menos de 10 km do LIC "Veigas de Porqueira e Ponte Linhares" incluído na Rede Natura..

carballa_da_rocha_a_sainza
O nome de "Carvalha da Rocha" fai referenza ao exemplar máis impresionante desta massa florestal. Um carvalho de mais de 500 anos que conta cum diametro de 6.90 m. e a umha altura de 7 m. bifúrca-se em dúas pólas até chegar aos 33 m. de altura. Amais do seu valor ecológico esta carvalha está mui ligada á cultura e á historia da zona e tornou-se protagonista de numerosos contos e lendas populares.

Rairíz de Veiga

Rairiz de Veiga, Reserva da Biosfera, sestea num vale ao abeiro do Monte Penamá e por el discorrem o río Limia e o seu afluente o Bidueira- que fornecem as súas afamadas Veigas, entre as que destacam as de Ponte Linhares.

As Veigas de Pontelinhares

Som veigas aluviais com enchoupamentos temporais a carom do río Limia, asolagaveis quando hai enchentes. A zona é completamente chaira, aínda que está rodeada de montes.


A LAGOA DE ANTELA


O LIC inclúe umha extenssom de quase 130 ha de veigas, que suponhem umha parte significativa das aínda existentes ás beiras do Limia, e mais umha pequena fracçom das que houve até meiados do século XX, quando a política da ditadura de Franco levou consigo a desecaçom e cavadura de boa parte destes terreos, incluíndo a vasta lagoa de Antela.

Abrangue localidades como A Saínza, Ordes, Penelas e Congostro, em Rairiz de Veiga, e O Toxal, A Forxa e A Filgueira, em Porqueira.

O festival


Neste 1º Acampamento decidiu-se aproveitar como marco o 5º Festival da Mocidade que organiza Aguilhoar e do que podedes ver aquí toda a informaçom.

Instalaçons
  • Zona de campismo de balde
  • Carpa por se houver mal tempo
  • Posto de jantar a preços populares (tamén ofrecemos un bono-jantar)
  • Casas de banho
  • Local Social da Sínza
  • Río e roteiros nas proximidades

Contorna e instalacións

A Saínza, Rairíz de Veiga

A "Carballa da Rocha", declarada Monumento Natural, atópase entre os núcleos de Saínza de Arriba e Saínza de Abaixo en Rairíz de Veiga (Comarca da Límia). Trátase dunha área na bacía do Río Limia constituída por seis parcelas que suman entorno ás 64 ha. no mesmo lugar onde se atopaba a desecada Lagoa de Antela, un dos humidais máis importantes da Península até a súa desecación nos anos 60. O lugar está declarado Reserva da Bioesfera e áchase a menos de 10 km do LIC "Veigas de Porqueira e Ponte Liñares" incluído na Rede Natura.

carballa_da_rocha_a_sainza

O nome de "Carballa da Rocha" fai referenza ó exemplar máis impresionante desta masa boscosa. Un carballo de máis de 500 anos que conta cun grosor de 6.90 m. e que a unha altura de 7 m. bifúrcase en dúas pólas até chegar ós 33 m. de altura. Amais do seu valor ecolóxico esta carballa está moi ligada á cultura e á historia da zona e fíxose protagonista de numerosos contos e lendas populares.

Rairíz de Veiga

Rairiz de Veiga, Reserva da Biosfera, sestea nun val ao abeiro do Monte Penamá e por el discorren o río Limia e o seu afluente o Bidueira- que fornecen as súas afamadas Veigas, entre as que destacan as de Ponte Liñares.

As Veigas de Ponteliñares

Son veigas aluviais con enchoupamentos temporais a carón do río Limia, asolagables cando hai enchentes. A zona é completamente chaira, aínda que está rodeada de montes.

A LAGOA DE ANTELA

O LIC inclúe unha extensión de case 130 ha de veigas, que supoñen unha parte significativa das aínda existentes ás beiras do Limia, e mais unha pequena fracción das que houbo ata mediados do século XX, cando a política da ditadura de Franco levou consigo a desecación e cavadura de boa parte destes terreos, incluíndo a vasta lagoa de Antela.

Abrangue localidades como A Saínza, Ordes, Penelas e Congostro, en Rairiz de Veiga, e O Toxal, A Forxa e A Filgueira, en Porqueira.

O festival

Neste 1º Acampamento decidiuse aproveitar como marco o 5º Festival da Mocidade que organiza Aguilhoar e do que podedes ver aquí toda a información.

Instalacións
  • Zona de campismo de balde
  • Carpa por se houbera mal tempo
  • Posto de xantar a prezos populares (tamén ofrecemos un bono-xantar)
  • Cuartos de baño
  • Local Social da Sínza
  • Río e roteiros nas proximidades
 
Copyright 2009 1º Acampamento da Mocidade. Powered by Blogger Blogger Templates create by Deluxe Templates. WP by Masterplan