A "Carballa da Rocha", declarada Monumento Natural, atópase entre os núcleos de Saínza de Arriba e Saínza de Abaixo en Rairíz de Veiga (Comarca da Límia). Trátase dunha área na bacía do Río Limia constituída por seis parcelas que suman entorno ás 64 ha. no mesmo lugar onde se atopaba a desecada Lagoa de Antela, un dos humidais máis importantes da Península até a súa desecación nos anos 60. O lugar está declarado Reserva da Bioesfera e áchase a menos de 10 km do LIC "Veigas de Porqueira e Ponte Liñares" incluído na Rede Natura.
O nome de "Carballa da Rocha" fai referenza ó exemplar máis impresionante desta masa boscosa. Un carballo de máis de 500 anos que conta cun grosor de 6.90 m. e que a unha altura de 7 m. bifúrcase en dúas pólas até chegar ós 33 m. de altura. Amais do seu valor ecolóxico esta carballa está moi ligada á cultura e á historia da zona e fíxose protagonista de numerosos contos e lendas populares.
Rairíz de Veiga
Rairiz de Veiga, Reserva da Biosfera, sestea nun val ao abeiro do Monte Penamá e por el discorren o río Limia e o seu afluente o Bidueira- que fornecen as súas afamadas Veigas, entre as que destacan as de Ponte Liñares.As Veigas de Ponteliñares
Son veigas aluviais con enchoupamentos temporais a carón do río Limia, asolagables cando hai enchentes. A zona é completamente chaira, aínda que está rodeada de montes.
O LIC inclúe unha extensión de case 130 ha de veigas, que supoñen unha parte significativa das aínda existentes ás beiras do Limia, e mais unha pequena fracción das que houbo ata mediados do século XX, cando a política da ditadura de Franco levou consigo a desecación e cavadura de boa parte destes terreos, incluíndo a vasta lagoa de Antela.
Abrangue localidades como A Saínza, Ordes, Penelas e Congostro, en Rairiz de Veiga, e O Toxal, A Forxa e A Filgueira, en Porqueira.
O festival
Neste 1º Acampamento decidiuse aproveitar como marco o 5º Festival da Mocidade que organiza Aguilhoar e do que podedes ver aquí toda a información.
Instalacións
- Zona de campismo de balde
- Carpa por se houbera mal tempo
- Posto de xantar a prezos populares (tamén ofrecemos un bono-xantar)
- Cuartos de baño
- Local Social da Sínza
- Río e roteiros nas proximidades